Facer comentario
Aviso Formación
8 Febreiro, 2010 - 13:05 — guiseris
Este ano, e tentando cubrir as necesidades formativas do maior número de profesores posible, dende a coordinación do proxecto queremos plantexarvos unha nova modalidade de sesións de formación. Iste novo plan comenzará partires do mes de marzo.
A idea é facer un primeiro achegamento a ferramentas que teñan posibilidades de uso na aula cos alumnos. As sesións (coñecidas co nome de "pílulas formativas"), dunha duración de entre 45 e 90 minutos, só pretenden acadar o manexo básico da ferramenta e unha visual das posibilidades didácticas para, chegado o caso e manifestado o interese por un grupo de profesores, organizar posteriores obradoiros ou seminarios para profundizar máis.
Estamos a preparar un calendario de temáticas. As sesións terán periódica, estarán abertas a todo o profesorado dos tres centros do proxecto, e se celebrarán nun lugar e día común para todos.
Aquí tedes os temas dos que estamos preparando as sesións, e vos animamos a que fagades chgar as vosas suxestións para amplialos.